Publicidad:
La Coctelera

cabeceira

28 Mayo 2008

Lume pr'o meu blog!

Ben-queridos e escasos afiliados ó meu monó(b)logo, hoxe é un día especial.

Prá hora que segue, encomendóuseme postear sobor de tecnicas apropiadas pra facer q'esta bitácora acade menor éxito d'o que, pol-o interesante d'o seu tema, xa ten!

-Pra empezar, e como iniciativa propria, hoxe decidín alonxarme un chisco d'a forma habitual d'o galego e escreber n-un popurrí ortográfico extraido da curiosidade, sumado a unha linguaxe un tanto literaria, facendo eisí de paso máis dificultosa a súa lexibilidade e pol-o tanto incentibando a que se, ainda non cansaches, sexa este o momento n-o que mandes ó /linguapracomunicar ó mundo de Gíliput! (onde habitan os gilís!).

-Como segundo iniciativa, propoño a carencia, n-este aburrido post, de calquera tipo d'imaxe video ou obxecto gráfico que puidese resaltar demasiado e eisí chamar a atención do público, coisa non demasiado dificultosa pola inexistencia d'un tema expecifico que non sexa facer "paparruchas".

-Como terceira proposta, en relación con esto útimo que acabo de dicir, é efectivo que non faga alusión algunha a ningún tema relacionado co que até o d'agora se viu tratando eiquí, ás relacións historicas ou contemporaneas entre diferentes comunidades nacionais, culturais, étnicas... E me limite a brincar de tema en tema para eisí facer fuxir ás poucas persoas interesadas en tan transcendete campo de coñecemento.

-Podería ademais, rectificar a orde d'o que levo escrito, xuntalo todo n-un mesmo ponto, pra que a claridade d'o dito, ficase oculta baixo un mar de letras e símbolos ortográficos, pro non o vou facer, simplemente pol-a razón de que estou n-unha proba puntuábel, e pretendo que a actualización sexa un mínimo comprensíbel!

-Por último, pr'á elavoración d'este post, empreguei algúns blogs n-os que se daban unha serie de consellos para optimizar a resposta d'o público, os cales contradicín totalmente; E como é de rigor n-o caso...tampouco farei mención alg'unha das Url pol-as cales poderíades acceder a cuan interesante información. : )

Creio, q'entre este actual post, a periodicidade mediocre coa que viña actualizando, e a temática de tan pouco interese para as masas, /linguapracomnicar encabeza a carreira cara o desastre comunicativo!

En fin..."Siempre nos quedará París!"

servido por Diego 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

LUSCOFUSCO

LUSCOFUSCO dijo

Como visitante habitual do teu blog teño que dicir que é das mellores actualizacións que vin en moito tempo, sen dubida, posto que conseguiu que durante máis de cinco minutos estivera a rir compulsivamente. Grazas, de verdade.

Unha aperta.

Saúde.

(Teño que dicir que a min si que me gusta a temática do blog).

28 Mayo 2008 | 06:31 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Diego

linguapracomunicar

Compostela-Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Eu veño sendo unha de tantas personificacións da situación socio-cultural galega actual: castelán como lingua materna, galego por tradición.

Fotos

Diego Ares Liñares todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Categorías

Enlaces

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera