Publicidad:
La Coctelera

cabeceira

15 Abril 2008

Welcome to Babylon!


Anteriormente fixen referencia á teoría científica pola cal se podería explicar a división da Humanidade en infinidade de comunidades culturais. Hoxe veremos a que foi a explicación historicamente aceptada ,maioritariamente en occidente, baixo a cultura teocentrista cristiá.

O que segue, é o capíduo 11 do Xénese:

"Toda a Terra tiña unha mesma lingoa e empregaba as mesmas palabras. Os homes na súa migración cara oriente acharon unha chaira na rexión de Senaar e estabelecéronse alí. E dixéronse uns ós outros: «Ea, fagamos ladrillos e cozámolos ó lume». Servíronse dos ladrillos no canto de pedras e de betún no canto de argamasa. Logo dixeron: «Ea, edifiquemos unha cidade e unha torre cuxa cúspide chegue até o ceio. Fagámonos eisí famosos e non esteamos máis dispersos sobre a face da Terra».
Mais Yahveh descendeu pra ver a cidade e a torre que os homes estaban levantando e dixo: «Velaquí que todos forman un só pobo e todos falan unha mesma lingoa, sendo este o principio das súas empresas. Nada lles impedirá que leven a cabo todo o que se propoñan. Pois ben, descendamos e alí mesmo confundamos a súa linguaxe de xeito, que non se entendan os uns cos outros». Así, Yahveh dispersounos de alí sobre toda a face da Terra e cesaron na construción da cidade. Por iso se lle chamou Babel, porque alí confundiu Yahveh a lingua de todos os habitantes da Terra e dispersounos por toda a superficie."

A construcción da torre e mais da cidade, contradicía o desexo de Deus de que a Humaniodade se extendese por toda a terra, se multiplicase nela e a sometera. A confusión entre as suas linguas supuxo a imposibilidade de se comunicar entre eles provocando a división dun único grupo cultural en varios diferenciados.

O castigo da suposta deidade supuxo unha obrigatoria incomunicación para unha sociedade tan analfaveta como a da época, pero non supón o mesmo hoxe en día. Hoxe conviven no planeta máis de 6.000 lingoas (ainda que cada vez menos) e iso non é impedimento pra que vivamos nun mundo cada vez máis globalizado.

A Humanidade conseguiu superar a eiva da diversidade cultural. Hoxe consideramola positiva e que nos enriquece como especie, "un cabalo relincha igoal eiquí que na China" que dicía Castelao.(Olalla corríxeme que sei que non era eisí).

Supostamente agora, como tamén, supostamente dicía Yahvé, nada nos impedirá que levemos a cabo todo o que nos propoñamos.

imaxe: A torre de Babel por Brueghel*

servido por Diego 3 comentarios compártelo

3 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Olalla

Olalla dijo

Moi boa actualización, sen dúbida.

Evidentemente a diversidade cultural e lingüística enriquece á especie humana.

Eu non creo en deus (xa o sabes) mais de ser real foi o mellor que puido facer. A existencia de culturas e linguas diferentes deu lugar a unha humanidade rica e chea de aspectos diferenciais que fan ao mundo interesante. Se todos falaramos igual, ollaramos do mesmo xeito ao mundo, tiveramos as mesmas costumes, hábitos, ritos... viviriamos nun planeta tristeiro, monocromático e, francamente, pouco interesante.

Debemos loitar por manter aquelo que nos fai diferentes e ao mesmo tempo iguais.

No tocante á frase de Castelao agora mesmo non estou segura pero creo que era así. Xa o mirarei.

Saúde.

16 Abril 2008 | 08:56 PM

publikda

publikda dijo

Hola!!
Te pido perdón porque no sea un mensaje personalizado, pero así hacemos llegar esta noticia a más gente
Ya sabes que se viene Santa Kata 08 y que los chicos de tercero se lo están currando mucho mucho...¿vas a faltar?

Más información en este blog

18 Abril 2008 | 01:53 PM

mezclainformativa

mezclainformativa dijo

hola!!

Eu xa coñecía esta historia, pero gustaríame enfocala doutro modo.
Penso que está moi ben o de ter diversidade cultural e que si non todo sería moi igual, como di olalla, pero... Antes de que Deus nos separa por linguas, non estabamos máis unidos? Quero dicir, que todos vivíamos xuntos, ata estabamos a facer un proxecto en común para chegar á divinidade.

Non sería máis ben coma un castigo para non chagar a facer o que quiséramos, ó entendernos todos tan ben? Non sei...Paréceme que vivíamos en paz.

Bueno, haber que che parece o meu punto de vista!!!

Un bico!!

NA

19 Mayo 2008 | 09:44 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Diego

linguapracomunicar

Compostela-Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Eu veño sendo unha de tantas personificacións da situación socio-cultural galega actual: castelán como lingua materna, galego por tradición.

Fotos

Diego Ares Liñares todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Categorías

Enlaces

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera