Publicidad:
La Coctelera

cabeceira

26 Marzo 2008

"Nós entre nós". Colonialismo e Imperialismo.

A pesares do illamento que provoca a diferenciación entre comunidades, debde sempre houbo comunicacón e relacións entre pobos; xa sexan migratorias, de intercambios culturais (a globalización positiva), conflictivas (guerras), comerciais... e un longo etcétera.

Unha delas, e posibelmente unha das mais antigas, é a da dominación dun pobo hexemónico sobre outro ou outro de menor peso militar ou económico. O inicio desta dominación (política, militar, informativa, económica, cultural relixiosa ou racial) pode darse de xeito violento, mediante a invasión militar, ou de xeito sutil.

As primeiras colonizacións tiveron coa creación dos primeiros imperios hai 5.500 anos. Babilonios, Exipcios, Fenicios, Gregos, Romanos, Aztecas, Chineses, Mongoles... constituiron imperios a partires das súas Metrópoles.

Sen ir mais lonxe, Galicia foi territorio colonizado por pobos celtas procedentes de Centro-Europa primeiro. Formou parte do imperio romano mediante unha dominación política, económica e cultaral (á que lle debemos o noso idioma) en torno ao primeiro milenio. Foi "víctima de incursións bárbaras procedentes do norte de Europa (Suevos) durante a Alta idade Meia. E foi asimilada por un emerxente imperialismo peninsular na Baixa idade Meia con consecuencias políticas (carencia de Estado propio) económicas e culturais (a "doma y castración").

Exemplo de relación migratoria foi a ocupación de Kosovo (orixinariamente Serbio) por poboación de etnia Albanesa; o que probocou (ou mellor foi argumento de) o xenocidio levado a cabo por Milosevic primeiro, e a recente segregación desta rexión Balcánica do estado Serbio ó que pertencia dende a desmenbración da antiga República Federal de Iugoslavia.

Durante o imperio alemán do terceiro Reich levouse a cabo un atentado contra a poboación da nación xudea na diáspora, eisí coma da xitana ou da polaca invadindo ademais o territorio destes últimos.

A partires do século XV despois do "descubrimento" de América, España e Portugal iniciaron unha campaña de colonización deste continente extendéndose posteriormente por Asia e Ouceanía, chegando a formar no caso de España, o "imperio donde nunca se pone el sol".

Como prolongación disto, durante os séculos seguintes, as demais potencias europeias se uniron á carreira colonial desencadeando a repartición do continente africano:

Non sería até a independencia dos Estados Unidos de América no ano 1776 cando se inicia un proceso de descolonización que levaria á creación de numerosos estados independentes en América, África e Asia.

Irónico é que o Estado que iniciou este proceso descolonizador sexa o artífice dun novo tipo de imperialismo ou neocolonialismo: o capitalismo. Non si?

servido por Diego 3 comentarios compártelo

3 comentarios · Escribe aquí tu comentario

struklaka

struklaka dijo

Evidentemente, resulta algo realmente irónico. Paréceme moi interesane este post, e toda unha clase de historia tamén. Bueno, en canto nos situemos na posición de afirmar que o capitalismo é un novo xeito de imperialismo ou neocolonialismo atopamos na perspectiva dun país ilóxico en todos os sentidos, que pretende facer agora con outros países algo polo que loitou dureante moito tempo para que non lle fixesen a eles. En fin, o que realmente me sorprendería de dita nación sería que intentara o contrario. O pasado é o pasado,e ós EEUU menos que ninguén lle interesa vivir del. Un saúdo

27 Marzo 2008 | 11:46 AM

Olalla

Olalla dijo

Estou totalmente de acordo contigo. O capitalismo converteuse a partir da caída da antiga URSS, nunha nova modalidade imperialista e proba diso é que a meirande parte dos países do mundo adoptaron este sistema caracterizado pola inxustiza e a desigualdade.
Mais eu engadiría que os EE.UU non impuxeron ou espallaron só o seu sistema (facendo crer que era o máis xusto) senón tamén a súa forma de vida, costumes e tamén a lingua dando lugar ao ben coñecido termo globalización. (Quen non fala inglés hoxe en día? quen non coñece a Coca-cola? ou quen non estivo nunca nun McDonal's?)

Un saúdo.

30 Marzo 2008 | 09:31 PM

Olalla

Olalla dijo

Por outra banda non resulta tan irónico isto, xa que durante as últimas décadas o único obxectivo estadounidense foi facerse dono e señor do mundo aínda que para iso fixera falla aniquilar aos pobos e borrar do mapa a algún país como é o caso de Irak.

Agora si, un saúdo.

30 Marzo 2008 | 09:35 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Diego

linguapracomunicar

Compostela-Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Eu veño sendo unha de tantas personificacións da situación socio-cultural galega actual: castelán como lingua materna, galego por tradición.

Fotos

Diego Ares Liñares todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Categorías

Enlaces

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera