Existe a teoría lingüística que explica como a partir do latín bulgar que soldados e adeministradores romanos deixaron no imperio formouse un romance continuo para toda a Romania que presentando pequenas diferenzas entre extremos non deixaba de ser un único idioma. Tería que ser o illamento entre comunidades pomovido polas condicións xeográficas o que provocara a diferente evolución para cada rama lingüística. Así é doado ver como a fronteira entre o idioma galego (verdes) e astur-leonés (laranxas) coincide coa barreira xeografica dos montes dos Ancares, Bierzo e d'O Courel; ou que durante a reconquista, o castelán (amarelos), nado na Cantabria se estendera dende o norte cara o sul (coma o resto dos romances do norte peninsular) e achara na meseta un meio idoneo prá expansión.

Ademais, como explica Carme Silva Domínguez no seu artigo "Galego, romanço, nossa linguage: o nome da lingua na prosa medieval de creación", a conciencia do pobo de coñecer e identificar como propia a lingua falada tamén tivo importante papel. A vontade de pertencer a un ou outro sistema lingüístico marcaría a fronteira entre un, prácticamente, continuo idiomático.

Esta polarización explica alén, a aparición de falas de transición, como o é o Eo-naviego (azul) entre Galego e Astur-leonés.