Publicidad:
La Coctelera

cabeceira

5 Marzo 2008

INCOMUNICACIÓN: ORIXE DA DIFERENZA

"O illamento coma causante da división da humanidade en diferentes comunidades nacionais"
Antes de nada, gostaríame definir ao que eiquí se lle vai chamar nación. O concepto que empregaremos non será o que parte da ilustración e que considera á nación como unha agrupación de individuos posuidores en conxunto da soberanía sobor da cal se asenta o Estado, senón o definido por Stalin que considera á nación como unha "comunidade estable, historicamente formada de idioma, de territorio, de vida económica e de hábitos psicolóxicos reflexados nunha comunidade de cultura".
A partires de eiquí, tentarei presentar unha teoría sinxela e lóxica que explique a aparición de diferentes entes culturais alternativa ao mito de Babel que propón a Biblia. E para iso servireime das teorias biolóxicas da especiación (orixe das diferentes especies animais) equiparando especie con nación.
Un dos modelos desta teoría, o coñecido como especiación Alopátrica, explica como a partir dunha poboación única poden xurdir duas comunidades diferentes pola mediacíon dunha fronteira xeográfica:

Nun caso social como o humano, a fronteira aparece cando dúas comunidades fican illadas:

-por custións xeográficas: rios, mares e barreiras xeolóxicas. Coma no caso da diferenciación entre "Galia" e "Hispania" pola mediación dos Pirineos na Romania.

-por custións políticas: Coma no caso da segregación do Condado de Portucale do Reino de Galiza, e posterior creación do Reino de Portugal no 1143, provocando dous camiños evolutivos diferentes que darian logar aos idiomas galego e portugúes.

servido por Diego sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Diego

linguapracomunicar

Compostela-Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Eu veño sendo unha de tantas personificacións da situación socio-cultural galega actual: castelán como lingua materna, galego por tradición.

Fotos

Diego Ares Liñares todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Categorías

Enlaces

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?