Escomezamos!
Este blog nasce como proxecto universitario para o primeiro curso da Licenciatura de Publicidade e Relacións públicas. Quero aclarar, que de non ser así, nunca o tería aberto pola ignorancia dende a que se escribirán os diferentes “post” que aiquí se vaian publicando. Mais por ese mesmo motivo tentarei mudala corrente cara o meu favor, escribindo dende a perspectiva da evidencia (xa que o evidente ten pouco de discutibel) para que o aiquí escrito de agora en diante sexa testemuña verídica e non simple opinión persoal.
O tema que se tratará será o das relacións, intercambios e comunicación entre distintas comunidades “nacionais”, ollado concretamente dende o caso galego, simplemente por ser este o que mais coñezo, e por sofrer, como cidadán, directamente as súas consecuencias. Sen máis, e pendente de comezar co proxecto en sí, deixovos cunha cita de Antón Vilar Ponte en referencia a Noriega Varela: “Entonces os convencereis de que con la lengua de la llanura no se puede expresar el alma de la montaña” .



D!e dijo
Ola!
Interesantísimo tema o que nos propós. Ten por seguro que me pasarei asiduamente por este o teu blog, xa que estou moi interesado sobre o que nos vas comentar.
Non coñecía a frase de Antón Vilar Ponte, pero ten moitísima razón. Está claro que tiña que provir dunha persoa coma el. Un saúdo e sorte!
5 Marzo 2008 | 07:14 PM