Publicidad:
La Coctelera

cabeceira

Categoría: nacións

29 Mayo 2008

"Different places"

Gentleman é un artista alemán que na adolescencia, atraido pola musica reggae e a cultura jamaicana pasou tempadas vencellado a vida e cultura da illa Caribeña.

Hoxe é considerado o maior representante da música reggae "branca", (algo eisí como Eminen no Rap anos atras).

Deixobos con este video no que canta ás culturas!

Mais que nada pra amenizar estas loooooooongas horas de estudo! : )

Tags: reggae, culturas

servido por Diego 1 comentario compártelo

7 Mayo 2008

Survival!

Eiquí enriva tendes a portada do album de Bob marley Survival, lanzado ao mercado en 1979 e que é todo un canto á liberación Africana, e no que defende a causa Panafricana que aboga pola unión de tódolos pobos africanos nun único Estado.

servido por Diego 2 comentarios compártelo

26 Marzo 2008

"Nós entre nós". Colonialismo e Imperialismo.

A pesares do illamento que provoca a diferenciación entre comunidades, debde sempre houbo comunicacón e relacións entre pobos; xa sexan migratorias, de intercambios culturais (a globalización positiva), conflictivas (guerras), comerciais... e un longo etcétera.

Unha delas, e posibelmente unha das mais antigas, é a da dominación dun pobo hexemónico sobre outro ou outro de menor peso militar ou económico. O inicio desta dominación (política, militar, informativa, económica, cultural relixiosa ou racial) pode darse de xeito violento, mediante a invasión militar, ou de xeito sutil.

As primeiras colonizacións tiveron coa creación dos primeiros imperios hai 5.500 anos. Babilonios, Exipcios, Fenicios, Gregos, Romanos, Aztecas, Chineses, Mongoles... constituiron imperios a partires das súas Metrópoles.

Sen ir mais lonxe, Galicia foi territorio colonizado por pobos celtas procedentes de Centro-Europa primeiro. Formou parte do imperio romano mediante unha dominación política, económica e cultaral (á que lle debemos o noso idioma) en torno ao primeiro milenio. Foi "víctima de incursións bárbaras procedentes do norte de Europa (Suevos) durante a Alta idade Meia. E foi asimilada por un emerxente imperialismo peninsular na Baixa idade Meia con consecuencias políticas (carencia de Estado propio) económicas e culturais (a "doma y castración").

Exemplo de relación migratoria foi a ocupación de Kosovo (orixinariamente Serbio) por poboación de etnia Albanesa; o que probocou (ou mellor foi argumento de) o xenocidio levado a cabo por Milosevic primeiro, e a recente segregación desta rexión Balcánica do estado Serbio ó que pertencia dende a desmenbración da antiga República Federal de Iugoslavia.

Durante o imperio alemán do terceiro Reich levouse a cabo un atentado contra a poboación da nación xudea na diáspora, eisí coma da xitana ou da polaca invadindo ademais o territorio destes últimos.

A partires do século XV despois do "descubrimento" de América, España e Portugal iniciaron unha campaña de colonización deste continente extendéndose posteriormente por Asia e Ouceanía, chegando a formar no caso de España, o "imperio donde nunca se pone el sol".

Como prolongación disto, durante os séculos seguintes, as demais potencias europeias se uniron á carreira colonial desencadeando a repartición do continente africano:

Non sería até a independencia dos Estados Unidos de América no ano 1776 cando se inicia un proceso de descolonización que levaria á creación de numerosos estados independentes en América, África e Asia.

Irónico é que o Estado que iniciou este proceso descolonizador sexa o artífice dun novo tipo de imperialismo ou neocolonialismo: o capitalismo. Non si?

servido por Diego 3 comentarios compártelo

5 Marzo 2008

INCOMUNICACIÓN: ORIXE DA DIFERENZA

"O illamento coma causante da división da humanidade en diferentes comunidades nacionais"
Antes de nada, gostaríame definir ao que eiquí se lle vai chamar nación. O concepto que empregaremos non será o que parte da ilustración e que considera á nación como unha agrupación de individuos posuidores en conxunto da soberanía sobor da cal se asenta o Estado, senón o definido por Stalin que considera á nación como unha "comunidade estable, historicamente formada de idioma, de territorio, de vida económica e de hábitos psicolóxicos reflexados nunha comunidade de cultura".
A partires de eiquí, tentarei presentar unha teoría sinxela e lóxica que explique a aparición de diferentes entes culturais alternativa ao mito de Babel que propón a Biblia. E para iso servireime das teorias biolóxicas da especiación (orixe das diferentes especies animais) equiparando especie con nación.
Un dos modelos desta teoría, o coñecido como especiación Alopátrica, explica como a partir dunha poboación única poden xurdir duas comunidades diferentes pola mediacíon dunha fronteira xeográfica:

Nun caso social como o humano, a fronteira aparece cando dúas comunidades fican illadas:

-por custións xeográficas: rios, mares e barreiras xeolóxicas. Coma no caso da diferenciación entre "Galia" e "Hispania" pola mediación dos Pirineos na Romania.

-por custións políticas: Coma no caso da segregación do Condado de Portucale do Reino de Galiza, e posterior creación do Reino de Portugal no 1143, provocando dous camiños evolutivos diferentes que darian logar aos idiomas galego e portugúes.

servido por Diego sin comentarios compártelo


Sobre mí

Avatar de Diego

linguapracomunicar

Compostela-Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Eu veño sendo unha de tantas personificacións da situación socio-cultural galega actual: castelán como lingua materna, galego por tradición.

Fotos

Diego Ares Liñares todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Categorías

Enlaces

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?