Welcome to Babylon!

Anteriormente fixen referencia á teoría científica pola cal se podería explicar a división da Humanidade en infinidade de comunidades culturais. Hoxe veremos a que foi a explicación historicamente aceptada ,maioritariamente en occidente, baixo a cultura teocentrista cristiá.
O que segue, é o capíduo 11 do Xénese:
"Toda a Terra tiña unha mesma lingoa e empregaba as mesmas palabras. Os homes na súa migración cara oriente acharon unha chaira na rexión de Senaar e estabelecéronse alí. E dixéronse uns ós outros: «Ea, fagamos ladrillos e cozámolos ó lume». Servíronse dos ladrillos no canto de pedras e de betún no canto de argamasa. Logo dixeron: «Ea, edifiquemos unha cidade e unha torre cuxa cúspide chegue até o ceio. Fagámonos eisí famosos e non esteamos máis dispersos sobre a face da Terra».
Mais Yahveh descendeu pra ver a cidade e a torre que os homes estaban levantando e dixo: «Velaquí que todos forman un só pobo e todos falan unha mesma lingoa, sendo este o principio das súas empresas. Nada lles impedirá que leven a cabo todo o que se propoñan. Pois ben, descendamos e alí mesmo confundamos a súa linguaxe de xeito, que non se entendan os uns cos outros». Así, Yahveh dispersounos de alí sobre toda a face da Terra e cesaron na construción da cidade. Por iso se lle chamou Babel, porque alí confundiu Yahveh a lingua de todos os habitantes da Terra e dispersounos por toda a superficie."
A construcción da torre e mais da cidade, contradicía o desexo de Deus de que a Humaniodade se extendese por toda a terra, se multiplicase nela e a sometera. A confusión entre as suas linguas supuxo a imposibilidade de se comunicar entre eles provocando a división dun único grupo cultural en varios diferenciados.
O castigo da suposta deidade supuxo unha obrigatoria incomunicación para unha sociedade tan analfaveta como a da época, pero non supón o mesmo hoxe en día. Hoxe conviven no planeta máis de 6.000 lingoas (ainda que cada vez menos) e iso non é impedimento pra que vivamos nun mundo cada vez máis globalizado.
A Humanidade conseguiu superar a eiva da diversidade cultural. Hoxe consideramola positiva e que nos enriquece como especie, "un cabalo relincha igoal eiquí que na China" que dicía Castelao.(Olalla corríxeme que sei que non era eisí).
Supostamente agora, como tamén, supostamente dicía Yahvé, nada nos impedirá que levemos a cabo todo o que nos propoñamos.
imaxe: A torre de Babel por Brueghel*

