Gentleman é un artista alemán que na adolescencia, atraido pola musica reggae e a cultura jamaicana pasou tempadas vencellado a vida e cultura da illa Caribeña.
Hoxe é considerado o maior representante da música reggae "branca", (algo eisí como Eminen no Rap anos atras).
Deixobos con este video no que canta ás culturas!
Mais que nada pra amenizar estas loooooooongas horas de estudo! : )
Ben-queridos e escasos afiliados ó meu monó(b)logo, hoxe é un día especial.
Prá hora que segue, encomendóuseme postear sobor de tecnicas apropiadas pra facer q'esta bitácora acade menor éxito d'o que, pol-o interesante d'o seu tema, xa ten!
-Pra empezar, e como iniciativa propria, hoxe decidín alonxarme un chisco d'a forma habitual d'o galego e escreber n-un popurrí ortográfico extraido da curiosidade, sumado a unha linguaxe un tanto literaria, facendo eisí de paso máis dificultosa a súa lexibilidade e pol-o tanto incentibando a que se, ainda non cansaches, sexa este o momento n-o que mandes ó /linguapracomunicar ó mundo de Gíliput! (onde habitan os gilís!).
-Como segundo iniciativa, propoño a carencia, n-este aburrido post, de calquera tipo d'imaxe video ou obxecto gráfico que puidese resaltar demasiado e eisí chamar a atención do público, coisa non demasiado dificultosa pola inexistencia d'un tema expecifico que non sexa facer "paparruchas".
-Como terceira proposta, en relación con esto útimo que acabo de dicir, é efectivo que non faga alusión algunha a ningún tema relacionado co que até o d'agora se viu tratando eiquí, ás relacións historicas ou contemporaneas entre diferentes comunidades nacionais, culturais, étnicas... E me limite a brincar de tema en tema para eisí facer fuxir ás poucas persoas interesadas en tan transcendete campo de coñecemento.
-Podería ademais, rectificar a orde d'o que levo escrito, xuntalo todo n-un mesmo ponto, pra que a claridade d'o dito, ficase oculta baixo un mar de letras e símbolos ortográficos, pro non o vou facer, simplemente pol-a razón de que estou n-unha proba puntuábel, e pretendo que a actualización sexa un mínimo comprensíbel!
-Por último, pr'á elavoración d'este post, empreguei algúns blogs n-os que se daban unha serie de consellos para optimizar a resposta d'o público, os cales contradicín totalmente; E como é de rigor n-o caso...tampouco farei mención alg'unha das Url pol-as cales poderíades acceder a cuan interesante información. : )
Creio, q'entre este actual post, a periodicidade mediocre coa que viña actualizando, e a temática de tan pouco interese para as masas, /linguapracomnicar encabeza a carreira cara o desastre comunicativo!
Eiquí enriva tendes a portada do album de Bob marley Survival, lanzado ao mercado en 1979 e que é todo un canto á liberación Africana, e no que defende a causa Panafricana que aboga pola unión de tódolos pobos africanos nun único Estado.
Velaquí está a proposta de encabezado para o blog.
Composta polo nome da bitácora e máis por 14 bandeiras de 14 nacións.
-6 son europeas, 3 americanas, 3 asiáticas e 2 africanas.
-1 delas, xunto a outra con tendencia separatista, flandes, compoñen o estado de Bélxica.
-7,teñen unha tadición cristiá, 3 musulmá, 1 budista, e 3 relixións nativas.
-1, acaba de constituir un novo estado, o de Kosovo.
-1, está nestes momentos baixo un forte conflito co estado ao cal pertence; o futuro anfitrión dos XX.OO.
-1 delas, ou o territorio que ocupa a súa poboación, se atopa repartido entre catro estados diferentes: Siria, Turquía, Irán e Iraque.
-1 é unha das 5 nacións que compoñen actualmente o Reino Unido.
-1 delas é coñecida como "Zion" e outra como "Babilonia" polo Rastafarismo.
-1, acaba de sofrer un xenocidio na disputa do poder entre as tribos que a compoñen.
-1 leva dende a guerra dos seis dias contra Israel reclamando a creación dun estado propio.
-1 foi unha potencia mundial durante os séculos XV e XVI.
-1 foi no seu tempo unha das grandes civilizacións americanas e hoxe tenta voltar a pór en valor os seus costumes indíxenas.
-1 xunto coas suas veciñas, foron aniquiladas polos colonos "yankies" nos EE.UU.
-1 delas é á que eu pertenzo.
Son as bandeiras de: Portugal, Valoña, a nación Creek, a nación Inca, Kurdistán, Galicia, Kenia, Illa de Man, Occitania, Palestina, Jamaica, Tibet, Etiopía e a nación Alvanesa.
Anteriormente fixen referencia á teoría científica pola cal se podería explicar a división da Humanidade en infinidade de comunidades culturais. Hoxe veremos a que foi a explicación historicamente aceptada ,maioritariamente en occidente, baixo a cultura teocentrista cristiá.
O que segue, é o capíduo 11 do Xénese:
"Toda a Terra tiña unha mesma lingoa e empregaba as mesmas palabras. Os homes na súa migración cara oriente acharon unha chaira na rexión de Senaar e estabelecéronse alí. E dixéronse uns ós outros: «Ea, fagamos ladrillos e cozámolos ó lume». Servíronse dos ladrillos no canto de pedras e de betún no canto de argamasa. Logo dixeron: «Ea, edifiquemos unha cidade e unha torre cuxa cúspide chegue até o ceio. Fagámonos eisí famosos e non esteamos máis dispersos sobre a face da Terra».
Mais Yahveh descendeu pra ver a cidade e a torre que os homes estaban levantando e dixo: «Velaquí que todos forman un só pobo e todos falan unha mesma lingoa, sendo este o principio das súas empresas. Nada lles impedirá que leven a cabo todo o que se propoñan. Pois ben, descendamos e alí mesmo confundamos a súa linguaxe de xeito, que non se entendan os uns cos outros». Así, Yahveh dispersounos de alí sobre toda a face da Terra e cesaron na construción da cidade. Por iso se lle chamou Babel, porque alí confundiu Yahveh a lingua de todos os habitantes da Terra e dispersounos por toda a superficie."
A construcción da torre e mais da cidade, contradicía o desexo de Deus de que a Humaniodade se extendese por toda a terra, se multiplicase nela e a sometera. A confusión entre as suas linguas supuxo a imposibilidade de se comunicar entre eles provocando a división dun único grupo cultural en varios diferenciados.
O castigo da suposta deidade supuxo unha obrigatoria incomunicación para unha sociedade tan analfaveta como a da época, pero non supón o mesmo hoxe en día. Hoxe conviven no planeta máis de 6.000 lingoas (ainda que cada vez menos) e iso non é impedimento pra que vivamos nun mundo cada vez máis globalizado.
A Humanidade conseguiu superar a eiva da diversidade cultural. Hoxe consideramola positiva e que nos enriquece como especie, "un cabalo relincha igoal eiquí que na China" que dicía Castelao.(Olalla corríxeme que sei que non era eisí).
Supostamente agora, como tamén, supostamente dicía Yahvé, nada nos impedirá que levemos a cabo todo o que nos propoñamos.
A pesares do illamento que provoca a diferenciación entre comunidades, debde sempre houbo comunicacón e relacións entre pobos; xa sexan migratorias, de intercambios culturais (a globalización positiva), conflictivas (guerras), comerciais... e un longo etcétera.
Unha delas, e posibelmente unha das mais antigas, é a da dominación dun pobo hexemónico sobre outro ou outro de menor peso militar ou económico. O inicio desta dominación (política, militar, informativa, económica, cultural relixiosa ou racial) pode darse de xeito violento, mediante a invasión militar, ou de xeito sutil.
As primeiras colonizacións tiveron coa creación dos primeiros imperios hai 5.500 anos. Babilonios, Exipcios, Fenicios, Gregos, Romanos, Aztecas, Chineses, Mongoles... constituiron imperios a partires das súas Metrópoles.
Sen ir mais lonxe, Galicia foi territorio colonizado por pobos celtas procedentes de Centro-Europa primeiro. Formou parte do imperio romano mediante unha dominación política, económica e cultaral (á que lle debemos o noso idioma) en torno ao primeiro milenio. Foi "víctima de incursións bárbaras procedentes do norte de Europa (Suevos) durante a Alta idade Meia. E foi asimilada por un emerxente imperialismo peninsular na Baixa idade Meia con consecuencias políticas (carencia de Estado propio) económicas e culturais (a "doma y castración").
Exemplo de relación migratoria foi a ocupación de Kosovo (orixinariamente Serbio) por poboación de etnia Albanesa; o que probocou (ou mellor foi argumento de) o xenocidio levado a cabo por Milosevic primeiro, e a recente segregación desta rexión Balcánica do estado Serbio ó que pertencia dende a desmenbración da antiga República Federal de Iugoslavia.
Durante o imperio alemán do terceiro Reich levouse a cabo un atentado contra a poboación da nación xudea na diáspora, eisí coma da xitana ou da polaca invadindo ademais o territorio destes últimos.
A partires do século XV despois do "descubrimento" de América, España e Portugal iniciaron unha campaña de colonización deste continente extendéndose posteriormente por Asia e Ouceanía, chegando a formar no caso de España, o "imperio donde nunca se pone el sol".
Como prolongación disto, durante os séculos seguintes, as demais potencias europeias se uniron á carreira colonial desencadeando a repartición do continente africano:
Non sería até a independencia dos Estados Unidos de América no ano 1776 cando se inicia un proceso de descolonización que levaria á creación de numerosos estados independentes en América, África e Asia.
Irónico é que o Estado que iniciou este proceso descolonizador sexa o artífice dun novo tipo de imperialismo ou neocolonialismo: o capitalismo. Non si?